jueves 6/8/20

Un milleiro de persoas visitaron o Museo Galego do Entroido no mes de febreiro

Visitantes de toda Galicia, Madrid e Valladolid, así como dende Alemania, Reino Unido  ou Italia

Inauguración museo4
Inauguración museo4

O MuGaE, tras facer o reconto de vistias acadadas este mes de Febreiro comunica  que temos contabilizadas un total de 977 visitas sen contar  neste reconto a institucións, colaboradores e organizadores do Entroido.

Ademáis, dentro deste reconto non se contabilizaron os asistentes as Xornadas sobre o Entroido feitas o día 3 de Febreiro.

O  museo en todo o mes de Febreiro superou as 1000 visitas vindo de todalas partes de Galicia e destacando as   da costa da provincia de Pontevedra. Así mesmo tivemos un incremento de visitantes de todo o territorio nacional como Madrid, Valladolid, etc. doutros paises de Europa como Alemaña, Italia ou Reino Unido destacando o maior número de vistiantes de Francia e Portugal.

O responsables do MUGAE  queren  agradecer  a asistencia de todalas personas que se achegaron o museo nestes días e invitar a todalas personas que aínda non coñezan o museo que se achegen.

O horario volve a ser o mesmo que nos meses anteriores: de 10 a 13 e de 16 a 18 de mercores a domingo agás o domingo pola tarde que permanece pechado.

Comentarios