jueves 09.07.2020

Minuto de silencio no Concello de Xinzo

Non asistiron ningún membro máis do goberno nin dos grupos da oposición

Minuto silencio
Minuto silencio

O Concello de Xinzo , sumouse esta mañá ao minuto de silencio convocado polo Executivo central ás doce do mediodía en sinal de memoria e respecto ás vítimas do coronavirus.

Non asistiron ningún membro máis do goberno nin dos grupos da oposición

O acto tivo lugar ás portas do Concello asistindo a alcaldesa, acompañada de dous membros do grupo de goberno e funcionarios do propio Concello.

Durante este período de dez días de loito, o máis longo da historia democrática española, as bandeiras mantivéronse  a media asta no exterior e cun crespón na moharra do mastro no interior de todos os edificios oficiais do país e nos buques da Armada. Esta medianoite, coa finalización do período de loito oficial, os símbolos volverán á súa posición orixinal.