miércoles 27.05.2020

MRW Xinzo está traballando con MRW Coruña para solucionar o problema dos envíos canto antes

Xa puxemos un teléfono específico na páxina de Patatas AMA para contestar directamente aos afectados (Responsable da axencia de  Xinzo)

Foto arquivo
Foto arquivo

A responsable da axencia de MRW Xinzo aclara ao dendealimia que dende o momento en que comezaron a chegar as primeiras reclamacións sobre os envíos non entregados se puxo ao lado do seu cliente (Patatas AMA) para tratar de solucionar os problemas.

COLAPSO DA PLATAFORMA DA CORUÑA

IMG_20200420_200704A responsable continúa dicindo que o problema xurdiu co colapso da plataforma de Coruña ante os miles de pedidos para esas zonas.

O venres, sábado e hoxe domingo a propia plataforma de distribución que a compañía ten na Coruña contratou directamente repartidores que están a traballar estes dias festivos, sen pasar polas axencias da cidade, para minimizar o máximo posible o problema do reparto das caixas.

Tamén estamos a facer novos envíos aos clientes, con produto novo. Esperamos que nos primeiros días da semana que comeza mañá, teñamos o problema resolto, problema, non xerado aquí na nosa  axencia posto que fixemos as recollidas en tempo e facendo as entregas na plataforma tamén dentro dos prazos.

Como se dixo na primeira noticia sobre este tema, todos os envíos feitos dende Xinzo para o resto de España, foron entregados en tempo e forma.

Sentimos moito que esta situación estea a acontecer e reiteramos o noso apoio ao noso cliente (patatas AMA),  co cal estamos a colaborar dende o primeiro momento con todos os nosos medios.

Comunicamos aos clientes que aínda non recibiron a mercancía neste momento, que MRW Xinzo se compromete a facelo nos próximos días e que ningún cliente se quedará sen a súa compra.

MRW Xinzo está traballando con MRW Coruña para solucionar o problema dos envíos canto...