Música tradicional e de charanga para este sábado de troula en Xinzo

musicas
Música tradicional e de charanga para este sábado de troula en Xinzo

A xornada de troula comeza ás 19h co desfile das bandas de gaitas que van participar no II Festival de Gaitas "Vila de Xinzo" que dará comezo ás 22.30h na praza Carlos Casares. Os músicos que van encher a vila de Xinzo proceden das bandas de gaitas Xinzo C, Xinzo B, Xinzo de Limia, Nova Era de Verín e a agrupación de Candás que chegan dende Asturias.

Os máis pequenos terán un espectáculo infantil ás 19h na Praza Maior da man do grupo teatral Trécola de Ourense. Un pouco máis tarde, ás 20.45 a Igrexa Nova é o escenario elexido para o concerto da coral de Santa Mariña compañados pola Agrupación Musical da Limia.

A tarde e noite de festa queda en mans das charangas BCB, NOVA e XL que actuarán polas rúas de Xinzo dende as 21h ata as 3h da mañá.