Os nervios do escenario non perdoan

1
Os nervios do escenario non perdoan

Éxito rotundo do festival da academia DANZÓN de Xinzo

A praza Carlos Casares , ata a bandeira, contemplou perante mais de dúas horas as diferentes actuacións, dende os mais pequenos ata a do campión mundial de pasos libres de baile que estaba anunciado.

O PEOR ESTABA ENTRE BAMBOLINAS

Como sempre soe acontecer os nervios, xogan as malas pasadas antes de subir ao escenario. Ademais dos nervios, todo era barullo é algarabía para ter todo a punto, vestido, perifollos, maquillaxe e as últimas fotos de grupo para a prensa.

2

Comezando polos mais pequenos e medrando tanto en altura como en anos foron pasando os 26 grupos que conformaban o espectáculo que se podo ver onte na praza Carlos Casares de Xinzo, totalmente de balde, aínda que todos aqueles que quixeron puideron colaborar coa asociación LIMISI que está sempre presente en todos os actos lúdicos que se programan na nosa vila.