sábado 23/1/21

A neve e a chuvia, retrasan o reparto da decoración de rúa, do Nadal en Xinzo

Será a novidade que as concellerias de Penabad e Moncho teñen preparada como novidade deste Nadal polas prazas e rúas da vila

 

                               Esta mañá na presentación do Nadal 2020 a  maior novidade desta foi a decoración estática a pé de rúa, repartida tamén por toda a vila, froito da colaboración entre as concellerías que dirixen Rafa Penabad e Ramón Gómez. A última hora decidiuse retrasar a distribución polas rúaspor mor das noticias de neve e temporal para este fin de semana.

IMG_20201202_200449En total serán 56 casas navideñas, 8 bonecos de neve, 6 trineos, 24 renos, 2 locomotoras, 26 bolas de Nadal, 6 construcións murais sobre madeira e un cento de caramelos de Nadal. Preto de 230 elementos que unidos aos da iluminación tinguirán Xinzo dun ambiente navideño como nunca tivo, cun único obxectivo: dinamizar un Nadal atípico para que a economía do pobo se resinta o menos posible e mesmo o comercio e a hostalería recuperen parte do quebranto producido polos peches e limitacións dos últimos meses.