lunes 28/9/20

Non hai ningún caso confirmado en Xinzo-Elvira Lama

Mañá comezará unha campaña de desinfección de rúas e lugares concorridos
Foto arquivo
Foto arquivo

Con datos de esta mañá ás 12:00, Elvira Lama, alcaldesa de Xinzo, comunica que non hai ningún caso confirmado no noso Concello, segundo lle transmiten dende o Centro de Saúde de Xinzo. Son falsos polo tanto eses comentarios que onte “voaron” polas redes sociais.

IMG_20200319_121956

Mañá comezarán unha limpeza con valdeo de rúas naqueles lugares mais concorridos, farmacias, supermercados, bancos e no propio centro de Saúde. Estamos mirando a posibilidade de solicitar algún camión de bombeiros e mesmo da Deputación Provincial.

Elvira Lama manifesta que “este traxe, nos ben grande a todos, e témonos que ir adaptando a segundo as necesidades. Estamos intentando de subministrar de traxes, mascarillas dentro das posibilidades ao noso persoal. Xa se entregaron as que tiñamos ao persoal de axuda a domicilio, e a todos os que teñen que traballar en primeira liña,  pero todos debemos saber que en moitas ocasións isto non depende de nos.

Ata o día de onte a Policía Local informoume que todo estaba marchando coa normalidade dentro do estado de Alarma , e dende aquí, como alcaldesa pídolle a todos  os veciños e veciñas que non saia da casa si non é imprescindible.

CONTACTO COS PEDÁNEOS E ASOCIACIÓNS

Continuou dicindo a alcaldesa que se está en contacto a traveso de Protección Civil con todos os pedáneos e asociacións de veciños, informando dos teléfonos de urxencia que o Concello ten a disposición da cidadanía.