sábado 31/10/20

O noso Antela

Boas son Ricky,  e que mellor presentación que falando do clube que me viu medrar, marchar coma todos, e regresar...
O noso Antela

Boas son Ricky,  e que mellor presentación que falando do clube que me viu medrar, marchar coma todos, e regresar para voltar a marchar.

Estamos a falar deste Antela que temos estos últimos anos,  que nos ten que facer pensar e reaccionar se non queremos seguir vendo o equipo da nosa vila en segunda rexional cando, todo o mundo sabe que non é o seu lugar.

Comenzaremos a falar do Antela e das suas  categorias inferiores con máis de 150 rapaces  de canteira da cal temos que mirar e tirar nun futuro.Pronto teremos unha entrevista co capitán deste club e amigo, que nos contará como é o Antela de portas a dentro.

Temos que cambiar o rumbo deste equipo se queremos que volva o sitio no que sempre debería  estar para min. Persoalmente primeira rexional, e con xente do noso pobo .Primerio teremos que ter xente no clube que non busque o seu propio beneficio e tire do equipo para arriba.Temos xente de sobra capacitada para ter o Antela onde se merece sen traer xente de fora que todos sabemos ao que veñen, ainda que  miremos para outros lados.Sigo pensando eu que todo o mundo que está neste clube está por interés propio,  e así pasa o que pasa. Polo ben da Limia,  o Antela terá que subir a primeira e logo surtir o resto de equipos da Limia con xogadores que non den o nivel para estar en primeira. Tamén pensó que o millor é  traer un entrenador de fora para que non se case con ninguén e xoguen os mellores.Esperemos pronto volver a disfrutar do noso Antela en primeira rexional , e dos equipos todos da Limia nas categorias inferiores pero igual ou mais que competitivas.

A partir de ahora iremos facendo resumenes das xornadas dos equipos limianos  de tódolos deportes e seguirémosvos informando. Tamén  contaremos con entrevistas, resumes e historiais dos equipos.

Comentarios