jueves 27.02.2020

A nova directiva de ProLimia foi elixida por aclamación dos presentes

Traballar e facer que isto non morra, tendo que camiñar todos na mesma dirección (Amador Conde)

Xunta directiva
Xunta directiva

As primeiras declaracións do presidente  ao final da asemblea manifestou que os primeiros pasos serán a recollida de documentación e intentar por en marcha dous proxectos a corto prazo. O primeiro é a de asinar un convenio con algunha entidade bancaria que oferte servizos interesantes para os socios e a segunda, que non será fácil se non é coa intervención e colaboración de todos sería a de crear unha plataforma en internet, non de venta, se non de poder mirar cando un ten intención de facer unha compra, ver si algún comercio de Xinzo ten o produto que se busca.

A situación, continuou dicindo Amador, non é fácil, pero neste momento tanto a min como a xunta directiva o que nos sobran son ganas.

A presidenta saínte desusoulle moita sorte a directiva que agora colle a asociación ofréndolle o seu apoio institucional e póndose ao seu servizo para facer o traspaso de tódolos datos de socios ademais de toda a documentación que obra no poder da asociación ademais de material, como carpas, da feira que se organizara fai dous anos. Toda  a miña gratitude por seguir adiante co proxecto.

directiva 2

A nova xunta directiva fórmana as seguintes persoas:

Presidente: Amador Fidel Conde

Vicepresidenta: Mª Concepción Conde

Secretaria: Sonia Trigo

Tesoureiro: Victor M. Pérez Caamaño

Vocais: Natalia Cid e Mª Inmaculada Losada.