domingo 24/1/21

Novas Xeracións de Ourense visita unha empresa da Limia para fomentar o emprendemento

    Novas Xeracións de Ourense visitou a empresa Limiá Hortícolas Gallega e Gallega de Patatas en Xinzo co fin de potenciar o emprendemento.

Diego Gago e Jose Antonio Parente acompañados por máis membros da agrupación e o rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, visitaron as instalacións e estiveron acompañados tamén polo deputado popular por Ourense, Miguel Ángel Viso. 

Aproveitaron a ocasión para coñecer unha empresa que leva 10 anos de traballo consolidándose como unha das empresas líder do sector da comarca. 

tomates

Coñeceron de primeira man os produtos cos que traballan e como se envasan para a súa comercialización. 

O fin da visita é por en alza a importancia do emprendemento e a loita polo traballo entre os máis novos así como valorar o potencial que ten a agricultura na Limia como fonte de emprego e riqueza económica. 

 

Comentarios