Un novo colaborador únese á nómina de expertos de Dende A Limia

20131121_154949 (1)
Un novo colaborador únese á nómina de expertos de Dende A Limia
A nosa última incoporación é Adolfo Fernández Dafonte escultor autodidacta natural do Baño de Bande REDACCIÓN redac@dendealimia.com Non hai nova que nos guste...

A nosa última incoporación é Adolfo Fernández Dafonte escultor autodidacta natural do Baño de Bande

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Non hai nova que nos guste dar máis que anunciar que un novo colaborador se une ás nosas filas. O certo é que eles, todos estes homes e mulleres que comparten connosco a súa sabedoría e experiencias son a verdadeira alma deste humilde dixital.

Desta volta, embarcouse con nós Adolfo Fernández Dafonte, nado no 1964 no Baño de Bande. Un funcionario da Administración de Xustiza que ademais é escultor autodidacta. Na súa faceta como artista plástico, Dafonte é un creador de arte figurativa e representativa do mundo rural galego. Ademais, este oriúndo da Baixa Limia dedícase á investigación das técnicas milenarias que se empregaban na elaboración e na cocción da cerámica en fornos primitivos.

Un persoeiro sen dúbida moi interesante que xa publicou a súa primeira achega en Dende A Limia, se queres lela, preme aquí.