O obradoiro de emprego Alta Limia formou a 20 desempregados en xardinería e albanelería

obradoiro
O obradoiro de emprego Alta Limia formou a 20 desempregados en xardinería e albanelería

As clases tiveron lugar en Sarreaus, Sandiás e Trasmiras

Os obradoiros que se puxeron en marcha no mes de agosto tiñan como destino a formación de persoas desempregadas. Participaron un total de 20 alumnos e alumnas dos concellos de Sandiás, Sarreaus e Trasmiras. As clases foron sobre xardinería e albanelería e con elas acometeron labores como o acondicionamento de zonas verdes, limpeza de espazos ou rehabilitación de edificios.

Con este tipo de talleres favorécese a busca de emprego para persoas que estean sen traballo ó tempo que aprenden unha formación teórica e práctica, necesaria para acadar unha boa cualificación e insertarse na vida laboral.

O pasado venres o alumnado recibiu un diploma que é a demostración física da súa preparación e das habilidades adquiridas nos talleres. Na entrega estiveron presentes os alumnos, os rexedores de Sandiás, Trasmiras e Sarreaus. No acto tamén contaron coa presenza do Xefe de Servizo e o Xefe Territorial da Consellería de Industria, Economía e Emprego.