sábado 31/10/20

Odaiko: “ O humor é a raíz de todo o noso traballo”

Este sábado, o grupo de percusión Odaiko soprendeu ós asistentes ás xornadas musicais “Cultura do Camiño” que organiza a Consellería...
OdaikoXinzodeLimia

Este sábado, o grupo de percusión Odaiko soprendeu ós asistentes ás xornadas musicais “Cultura do Camiño” que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xunto con AGADIC, a asociación galega das industrias culturais. Odaiko está formado por Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Fran Troncoso, percusionistas e Xiana Lastre que pon voz a algunha das composicións. O grupo presentou o seu traballo Galician on Board, creado tres anos atrás. O proxecto nace a partires dun texto medieval que o grupo tenta traducir ó “linguaxe dos sons” e que nos sitúa no século XIX. Voz en off e xogos de luces acompañaron ós instrumentos de percusión axudando deste xeito a conseguir que a xente “fixera unha viaxe ó longo dos anos” . Ritmos tradicionais fusionáronse con temas do outro continente reflexando un feito clave na historia de Galicia: a emigración. A pesares da escasa afluencia de público Odaiko amosoulle ós presentes unha orixinal composición na que non faltou o humor. As risas dos Limiaos foron a música de fondo nos momentos máis cercanos e distendidos.

Os músicos basean parte do seu traballo en espazos didácticos, pensados para cativos e non tan cativos. Miles de rapaces desfrutan cada ano dos espectáculos onde coñecen de primeira man como é o mundo da percusión e amosando que se pode facer música con “case calquera cousa”. Se te perdiches a actuación ou  queres sabes un pouco máis sobre Odaiko Percussion aquí queda unha mostra do seu traballo:

Odaiko Percussion & Friends

Comentarios