martes 21/9/21
O peche da hostalaría será ás 03:00

A partir dás 12 da noite Xinzo pasa a nivel MEDIO de incidencias

Para entrar nos locais nocturnos haberá que presentar credencias de inmunidade.

Plaza-Mayor-de-Xinzo-De-Limia
Plaza-Mayor-de-Xinzo-De-Limia

O que se albiscaba pola subida de positivos en Xinzo, chegou. Esta media noite o concello pasa a nivel medio de incidencia, co que entran as restricións en moitos sectores, entre eles a hostalaría.

Dende mañá sábado ás 00:00 entran en vigor as novas normas.

Máximo 6 persoas en espazos pechados e 10 en abertos

.- Limítase a permanencia en grupos ata un máximo de seis persoas, en espazos pechados e dez persoas, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de convíventes ou agás que os encontros se produzan exclusivamente entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes.

.- Entre a 3.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes..- A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

.- Establecementos de hostalaría e restauración: Interior 50% e Terrazas: 100%.

Lecer nocturno: permitido interior ao 50% (acreditación inmunidade) e terrazas ao 100%. Peche ás 03:00 horas