jueves 15/4/21

Pechada parcialmente ao tráfico de peóns unha das pasarelas do río Limia

O motivo é o desprazamento da pasarela debido á perda dun taco de goma que tiña como función amortecer a vibración provocada polo tráfico rodado, especialmente o pesado.

pasarela
pasarela

O Concello de Xinzo de Limia mantén pechada ao tráfico de peóns unha das pasarelas que cruzan o río Limia ao seu paso pola vila. Trátase, concretamente, dunha das dúas beirarrúas que unen a avenida Río Limia co Camiño do Bouzo, xunto ao Parque do Toural.

O motivo é o desprazamento da pasarela debido á perda dun taco de goma que tiña como función amortecer a vibración provocada polo tráfico rodado, especialmente o pesado.

A pasarela permanecerá pechada ata que unha grúa de gran tonelaxe, precisa polo peso da pasarela, se desprace ata a vila para a súa recolocación.

A Policía Local xa precintou esa parte da ponte para impedir o paso de peóns polo lateral afectado.