lunes 30.03.2020

Unha Peugeot Partner, sinistro total

Ás  09:45 horas de hoxe (martes de Entroido) ,na estrada de Xinzo a V. De Barrio

O condutor dixo que fora por culpa dun xabaril, pero a garda civil, polas marcas da estrada, din que non cren nesa versión

IMG-20200225-WA0005
IMG-20200225-WA0005

Ás  09:45 horas de hoxe (martes de Entroido) no quilómetro 4 da estrada OU-1117 (Xinzo - Vilar de Barrio), no termo municipal de Xinzo de Limia (Ourense), produciuse unha saída da vía pola marxe esquerda dunha furgoneta, Peugeot Partner, que circulaba cara a Xinzo.IMG-20200225-WA0004

O condutor dixo que fora por culpa dun xabaril, pero a garda civil, polas marcas da estrada, din que non cren nesa versión

IMG-20200225-WA0001O equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, atópase investigando as causas que puideron concorrer no sinistro. O condutor A. G.V., de 28 anos e veciño de Verín, resultou ferido leve e foi trasladado ao PAC de Xinzo, onde o están atendido nestes momentos.
No momento de ser atendido polos servizos de emerxencias, comentou que dera un valentazo para evitar o atropelo dun xabaril pero, non se descarta a somnolencia, posto que a traxectoria seguida polo vehículo e as pegadas deixadas non se corresponden coas dunha manobra brusca.
Realizada a proba de alcol, deu negativo. O vehículo resultou sinistro total tras chocar contra unha tajea de formigón. Ademais do equipo de atestados, interviñeron: Unha patrulla de motoristas do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín, Protección Civil de Xinzo de Limia e unha ambulancia do servizo de urxencias médicas 061