A piscina climatizada abrirá o próximo luns día 5

Piscina climatizada
A piscina climatizada abrirá o próximo luns día 5

As exteriores pecharán o domingo 4, despois de haber pasado por elas preto de 20.000 persoas nos dous meses que estiveron abertas.

O concello de Xinzo de Limia, acaba de facer un comunicado nas súas redes sociais anunciando o peche e a apertura das piscinas.

As piscinas exteriores de Xinzo permanecerán abertas ata o próximo domingo, ampliando en 4 días, ata completar a semana, o calendario inicialmente previsto para atender así á demanda dos usuarios, que se contaron por miles ao longo dos meses de xullo e agosto.

- Desde a apertura das mesmas, o pasado día 8 de xullo, ata onte, pasaron polas piscinas de verán preto de 20.000 persoas, a unha media de case 400 diarias, que chegaron a rozar o millar en días puntuais.

- A partir do luns próximo, o persoal das piscinas exteriores volverá a ocuparse da piscina climatizada, que abrirá ese mesmo día as súas portas para que o centenar de abonados que queiran, ademais dos usuarios de acceso libre, podan volver a facer uso da mesma.