domingo 12.07.2020

Policía Local, bombeiros, ambulancias e Protección civil danlle ánimos ao persoal sanitario

Unha ducia de coches percorreron as súas de Xinzo coas luces e sirenas postas

Policía Local, bombeiros, ambulancias e Protección civil danlle ánimos ao persoal sanitario

Pasadas ás sete e media dá tarde a carabana de coches encabezados pola policía local cos seus escintileos e coas sirenas soando sairon do parque de bombeiros para percorrer a arteria principal dá vila, cortando na rúa Dous de maio para dirixirse ata o ambulatorio.

Como xa eran preto dás oito, hora que a veciñanza sae aos balcóns, o espectáculo foi moi vistoso, aínda que algún veciño tamén preguntaba dende vos seus balcóns se pasara algo grave.

 CONCENTRACIÓN AS PORTAS DE URXENCIAS DO PAC

IMG_20200327_195653.3


Preto dás oito dá noite todo o persoal que formaba parte dá comitiva concentrouse ás portas dás urxencias do PAC. O persoal sanitario saiu a recibilos e a recibir o aplauso de todos eles para lles transmitir ou seu apoio e os seus ánimos para seguir adiante e RESISTIR o envite desta pandemia, que entre todos imos a gañar.

 O momento máis emotivo foi cando dende uns dos coches comezou a soar a canción de resitencia xa famosa rematando cos aplausos de tódolos preséntes.
Tamén manifestaban os membros de Protección Civil e Policía Local que a homenaxe tamén era neste caso para os condutores e técnicos dás ambulancias, que xunto cos sanitarios están a levar a cabo un traballo exausto moitas veces, e non sempre  recoñecido.

IMG_20200327_200058.2