sábado 5/12/20

Os populares de Porqueira revalidan a Susana Vázquez Dorado como presidenta

O Congreso local celebrado onte na Forxa estiveron Núñez Feijóo, Manuel Baltar e o alcalde de Xinzo REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia A unanimidade e...
2. Porqueira 2
2. Porqueira 2

O Congreso local celebrado onte na Forxa estiveron Núñez Feijóo, Manuel Baltar e o alcalde de Xinzo

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

A unanimidade e tamén o feito de sela única candidata revalidaron á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez como presidenta do PP local nun acto no que estiveron presentes o presidente do partido en Galicia, Núñez Feijóo, na provincia, Manuel Baltar, o veciño rexedor de Xinzo, Antonio Pérez, e ata José Luis Baltar. Este último soamente durante uns minutos, e só no recordo dos asistentes, cando Susana Vázquez pediu unha ovación para el por “apoiala desde o primeiro día”.

No seu primeiro discurso como presidenta electa, Susana Vázquez quixo destacar que a nova Xunta Local dos populares “conxuga á perfección xuventude con veteranía, con representantes de tódalas aldeas da do municipio”. A popular engadiu que o compromiso fundamental para o seu partido en Porqueira será “seguir cos éxitos que vimos acadando desde o ano 2003, subindo en todas e cada unha das citas electorais o apoio para o Partido Popular”.

Tamén houbo tempo no congreso para tratar sobre as eleccións europeas, e para comprobar unha vez máis que Vázquez Dorado conta con todo o apoio do titular do goberno autonómico que acudiu ata o concello limiao para respaldala. Un apoio que xa se ven demostrando desde 2009 cando a nomeara por designación directa vogal no comité rexional do PPdeG.

Comentarios