lunes 10/8/20

Porqueira terá unha pista de padel na Forxa

Este será un dos moitos proxectos subvencionados pola Deputación Provincial dun total de 90.367, 33 €

Axudas Deputación Provincial
Axudas Deputación Provincial

Rairíz de Veiga investirá 12.224,51 para restaurar unha casa para un museo.

Dos 600.000 € aprobados pola Deputación Provincial  para infraestruturas  culturais e deportivas os concellos da Limia levarán  mais de noventa mil.

Entre as infraestruturas nas que se investirán os cartos das subvencións destacan unha pista de padel en Porqueira, un museo en Rairíz de Veiga . No concello de Xinzo as partidas irán a parar a “Instalación de iluminación no campo de fútbol J.A. Carrera e melloras na piscina municipal por importe de pouco mais de catro mil euros e case 12 mil para “Ampliación  e mellora da sala de exposicións e hall na casa da cultura e xuventude”.

Tamén Muiños investira´ mais de 4 mil euros en “ Acondicionamento arquitectónico e equipamento da sala de exposicións  etnográfica de Muiños”  Ademais investirá outra cantidade similar en “Equipamento complementario para o centro de interpretación da auga”.

Porqueira neste apartado cultural investirá mais de 9 mil euros “Mellora das instalación e adquisición de equipamento da sala de cultura e teatro”.

Para coñecer todas as axudas prema aquí.

Comentarios