martes 22/9/20

O PP gaña en Xinzo pero perde máis de 800 votos

O PSdeG-PSOE consolídase como segunda forza e terceira PODEMOS-En Marea-ANOVA-Eu

    Co 100% de votos escrutados os resultados das eleccións do 20 de decembro de 2015, confirman a vitoria do Partido Popular en Xinzo de Limia. Pese a ser a forza máis votada perde máis de 800 votos en comparación co ano 2011. O PSdeG-PSOE sería a segunda forza con máis votos e PODEMOS-En Marea-ANOVA-Eu a terceira forza. 

       RESUMO ESCRUTINIO 2015

 Votos contabilizados

6012 (6295 no ano 2011)

Abstencións

2089 (1990 no ano 2011)

Votos nulos

112 (97 no ano 2011)

Votos en blanco

74 (84 no ano 2011)

Por partidos, o Partido Popular obtén 2872 votos (3764 no ano 2011); o PSdeG-PSOE 1152 (1128 no ano 2011); entra como terceira forza PODEMOS-En Marea-ANOVA-Eu con 1033 votos; como cuarta forza C´s con 497 votos e NÓS obtén 187 votos. 

O PP perde 892 votos en comparación co ano 2011. O PSdeG-PSO sube nesta volta con 24 votos máis que en 2011. As mareas irrumpen como terceira forza con máis de 1000 votos. NÓS non consegue afianzar os 947 votos acadados polo BNG no ano 2011, e non chegan ós 200 votos nestas eleccións do 20 de decembro de 2015.

   

Comentarios