domingo 1/11/20

O PP, gaña en votos en toda a Limia, menos en V.de Santos e Calvos

En Xinzo sube o PP un 4,01%  fronte a comarca que o fai nun 3,53%

84

Analizando os datos das eleccións o  Parlamento Galego celebradas onte, no que atinxe a comarca e concellos da Limia podemos atopar datos moi siñificativos demostrando unha vez máis que as estadísticas poden reflectir unhas  circunstancias que nada teñen que ver coa realidade dos votos.

90

O PP en Porqueira tivo tan soo 1 voto máis nestas eleccións que as correspondentes do ano 12, nembargante a porcentaxe de voto refrexa un incremento do 9,61 con respecto a ese ano.

Nos Blancos o PP, tivo 6 votos menos, pero se lle votamos unha ollada a porcentaxe, sube un 8,45%

O mesmo pasa en Rairiz de Veiga que perdendo 31 votos sube tamén a súa porcentaxe nun 8,02.

O contrario ocorre no concello de Sandías, onde o partido gañador perde 101 votos e tan so baixa na porcentaxe 1,72%.

Outra contradición ocorre en Calvos de Randín onde gaña o PSdG-PSoe, baixan nembargante 43 votos, pero subindo a porcentaxe  un 3,09%.

En Vilar de Santos, non se poden facer estadísticas, posto que é a primeira vez que gaña En Marea, posto que o alcalde nas anteriores presentouse por CxG e nas anteriores polo BNG, aínda que ninguén lle “tose” o alcalde.

Trasmiras é outro dos concellos onde en porcentaxe de voto baixa o partido gañador ,PP un 1% e perde 72 votantes.

En Xinzo de Limia, o único partido que sube e o PP un 4,01%, en tanto que o PSdG-PSoe, baixa un 4,23% e o BNG un 3,78%. Non se poden comparar os votos acadados polas Mareas, posto que como todos saben, na anterior convocatoria non existía ese partido ou agrupación.

91

Comentarios