miércoles 27.05.2020
NOTA DE PRENSA GRUPO POPULAR DE XINZO

O PP de Xinzo urxe ao Concello a convocatoria urxente do premio literario Carlos Casares

Aproveitando o confinamento
carteis anos pasados
carteis anos pasados

O Concello de Xinzo de Limia leva anos convocando durante o mes de marzo o Premio Literario Infantil Carlos Casares de Relato Curto. Desde Grupo Municipal Popular pedimos que se saquen o antes posible as bases deste concurso literario 2020, para que a nosa xuventude teña un aliciente máis para levar adiante o día a día do confinamento.

Nais,pais, avoas, avós, ...  buscan como motivar a rutina de quedar na casa; sendo este concurso un motivo máis para que a imaxinación das nenas, nenos e adolescentes flúa neste tempo e se plasme nun relato.

Convocatoria que sempre contou coa inestimable colaboración dos centros educativos da nosa vila e coa participación dos da comarca. Que fan chegar ao seu alumnado as bases do concurso. Colaboración en forma de xurado por parte das mestras e mestres de Lingua Galego. Xurado no que  tamén formou parte Xavier Casares e os prestixiosos escritores limiáns.