sábado 8/8/20
Rápida reacción da CHMS á denuncia dos agricultores da Limia

O presidente da CHMS crea unha comisión de seguimento para dar solución temporal á problemática do regadío da Limia

“Esta solución é necesaria nunha comarca cuxa actividade económica xira en torno ao campo” explicou Quiroga

O presidente da CHMS crea unha comisión de seguimento para dar solución temporal á problemática do regadío da Limia

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mantivo un encontro coas Comunidades de Regadores da Limia, Corno do Monte, San Salvador de Sabucedo, Alta Limia e Lamas–Ganade, co interese de dar solución á problemática de regadío na zona.

A modernización do regadío é a solución a medio prazo

“Estamos ante unha solución temporal, previa á necesaria modernización do regadío, nunha zona cuxa actividade económica xira en torno ao campo. As comunidades de regadores levan anos demandando unha solución para unha comarca con singularidade propia”, comentou o presidente da CHMS.

chms

Presidentes das 4 comunidades de regantes xunto con Moncho (Concelleiro de Urbanismo e Mobilidade de Xinzo)

“A modernización do regadío é a solución a medio prazo, supón un investimento importante e a execución da mesma require dun proxecto pormenorizado, a súa correspondente tramitación administrativa e un prazo de execución, mentres tanto a solución temporal levará a cabo coa creación dunha Comisión de Seguimento a través da CHMS asesorará ás CCRR na tramitación de pozos que faciliten a rega das parcelas con garantía legal, evitando así as extraccións ilegais de auga” explicou Quiroga.

“Desde o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico estamos en disposición de avanzar nesta problemática e habemos de buscar, xunto cos regadores, a solución idónea que permita manter a actividade económica da comarca sen poñer o perigo o medio ambiente”, concluíu Quiroga.