Os presupostos do concello pendentes dunha negociación coa CIG

presupostos
Os presupostos do concello pendentes dunha negociación coa CIG

De non haber ofertas serias de dialogo, serían impugnados polos representantes dos traballadores

Quedan tan solo 3 días

O sindicato da CIG, ao día seguinte da aprobación provisional no pleno, manifestou a súa postura de impugnar os presupostos por falta de negociación co sindicato maioritario dos traballadores do Concello, e isto a día de hoxe, segundo manifesta un representante do mesmo, está pendente de resposta por parte da representación do concello, sobre as propostas do sindicato.

NON TEN PORQUE SER MÁIS CARTOS PARA O CAPÍTULO 1

CIGO representante dos traballadores declarou a dendealimia, que as súas propostas non significan unha suba no computo xeral do capítulo de gastos de persoal, posiblemente esteamos a falar de menor custe, a longo prazo, posto que nos ofrecemos xubilacións anticipadas, plans de aforro etc.

A HISTORIA COMEZOU NA NEGOCIACIÓN DOS PRESUPOSTOS DO ANO PASADO

Facendo historia o representante manifesta que eles xa fixeron un xesto de cara a un entendemento, cando o ano pasado se lle cambiaron as condicións económicas a certo número de traballadores(Funcionarios)coa que eles loxicamente estiveron de acordo.

Simplemente queremos ver un xesto de boa vontade para poder falar destes temas.

Nos deste ano, cambiaron as retribucións para outro grupo de funcionarios, que nos tamén aceptamos, pero coa condición de que os munícipes gobernantes, comezaran a ter “xestos” co 80% dos traballadores restantes do concello, neste caso o persoal laboral. Xesto que ata o día de hoxe non ocorreu.

Si tivemos unha reunión, na que se lle plantexaron bastantes cuestións, a representante nomeada polo concello (unha empresa contratada), e estamos a espera de que nos digan algo.

De non recibir ningunha intención de pornos a falar sobre estes temas, entre os que están a RPT, pendente dende fai case 20 anos, non nos quedará outra saída que presentar alegacións antes do día 25 e posteriormente, a contestación a esas alegacións, se non nos convencen, non quedará outra saída que impugnar os presupostos