jueves 09.04.2020
A ALCALDESA ENTEROUSE ESTA MESMA MAÑA

Primeira persoa falecida por coranovirus en Xinzo

A alcaldesa acaba de comunicalo e enviar as condolencias aos seus familiares
Primeira persoa falecida por coranovirus en Xinzo

Hoxe temos que lamentar a primeira morte por coronavirus en Xinzo.

Dende o Concello, e en nome de tódolos os veciños e veciñas, queremos trasladarlle en primeiro lugar todo o noso apoio e afecto á familia e achegados.

Por parte das autoridades sanitarias xa se aplicaron os correspondentes protocolos de prevención.

Queremos tamén insistir en rogarlle a toda a poboación o estrito cumprimento de todas as directrices ditadas polo Estado de Alarma, especialmente quedar na casa.

Protexéndonos a nos mesmos estaremos protexendo as persoas que mais queremos e ao resto de veciñas e veciños do noso pobo.

Desta imos saír si todos e todas actuamos con responsabilidade e disciplina.

Reiteramos as condolencias á familia da primeira vítima do coronavirus entre a nosa veciñanza. Fagamos o imposible para que sexa a última, por favor.

SEN CONFIRMAR OFICIALMENTE

Aínda sen confirmar oficialmente, parece ser que era unha veciña de Xinzo de máis de 90 anos, que non saía da súa casa, polo que se supón que foi contaminada por algún dos dous fillos, que segundo persoas achegadas xa están en cuarentena.

A ALCALDESA ENTEROUSE ESTA MESMA MAÑA

Elvira Lama manifestou fai uns minutos que esta mesma mañá en comunicación coa Delegada da Xunta e previa autorización das autoridades sanitarias, foille comunicada a noticia, primeiro do ingreso da veciña e posteriormente o falecemento.