lunes 09.12.2019
A Xunta formará a case 160 agricultores e gandeiros da comarca da Limia na xestión dos residuos xerados polas súas actividades económicas

Primeiro curso fruto da Mesa da Limia

O vindeiro xoves iniciarase o proceso formativo con xornadas teóricas e prácticas sobre o uso de fertilizantes, a xestión dos residuos gandeiros, o cultivo da pataca e a promoción dos produtos para a venda

 

Primeiro curso fruto da Mesa da Limia

Os interesados neste plan de formación teñen de prazo ata o vindeiro 26 de novembro para anotarse a través do teléfono 988.386.477 ou no correo electrónico [email protected]

Conselleiro medio rual 2O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou esta mañá en Xinzo de Limia o Plan de formación agrogandeira para esta comarca, para o que xa están anotadas unhas 160 persoas. Alí, sinalou que mellorar a formación dos agricultores e gandeiros como vía para optimizar a xestión das súas explotacións é fundamental, co fin de que a Limia sexa referente de compatibilidade entre unha xestión ambiental adecuada e uns bos resultados económicos, matizou o conselleiro.

Así, José González insistiu en que unhas prácticas respectuosas co medio ambiente e coa preservación dos recursos naturais equilibran os rendementos das empresas, aseguran a calidade dos produtos, a saúde pública e o futuro das actividades económicas.

Por iso, o titular de Medio Rural incidiu na necesidade de afianzar os coñecementos dos profesionais agrarios e gandeiros, así como de mellorar os procedementos para xestionar dunha forma adecuada os residuos xerados polas súas actividades económicas. Un compromiso, matizou José González, acadado no marco da Mesa da Limia no pasado mes de setembro e que se materializou nun plan de formación.

José González indicou que será un proceso participativo estruturado en mesas de traballo con todas as institucións e con todos os axentes relacionados co sector agrario da Limia. Todo isto, subliñou o titular de Medio Rural, forma parte dunha estratexia global para facerlle fronte á xestión dos xurros nesta comarca e, por extensión, en toda Galicia.