O PSOE estrena concelleiro en Xinzo

1
O PSOE estrena concelleiro en Xinzo
Luis Martínez tomou posesión onte no pleno extraordinario do consistorio limiao REDACCIÓN Foi o primeiro punto da orde do día, a toma...

Luis Martínez tomou posesión onte no pleno extraordinario do consistorio limiao

REDACCIÓN

Foi o primeiro punto da orde do día, a toma de posesión de Luis Martínez como edil do PSOE, na que o alcalde lle desexou que “oxalá a súa acción sexa proveitosa e leal co Concello de Xinzo”. Martínez, número catro da lista, chega despois de que o seu compañeiro de partido, Ramón Gómez dimitise o pasado verán alegando que lle era imposible compatibilizar a vida laboral coa súa faceta na política activa.

Nesta sesión dos representantes municipais de Xinzo de Limia, aprobáronse outros puntos entre os que destacan a aprobación dos festivos locais de 2014, o Martes de Entroido e a Santa Mariña. Tratáronse tamén temas como o convenio con Xestur para a elaboración dun plan sectorial que posibilite a ampliación do parque empresarial, ou un proxecto do grupo de goberno acerca da renovación da iluminación pública no Barrio de Abaixo.

Foron tamén protagonistas da xornada precisamente os membros do grupo socialista, cando anunciaron por medio da súa voceira, Elvira Lama que pedirán un informe que avale o feito de que existan no concello ata tres técnicos de urbanismo, nestes momentos nos que "non hai obras no concello".