miércoles 12/8/20

O PSOE limiao quere que o Concello reclame o céntimo sanitario dos vehículos municipais

Elvira Lama pide así mesmo que o consistorio asesore aos particulares que queiran reclamar este imposto, agora ilegal REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia A voceira...
elvira lama
elvira lama

Elvira Lama pide así mesmo que o consistorio asesore aos particulares que queiran reclamar este imposto, agora ilegal

REDACCIÓN

[email protected] Twitter: @Dendealimia

A voceira dos socialistas limiaos, Elvira Lama pídelle ao goberno municipal que reclame o abonado en concepto de “céntimo sanitario” de todo o combustible consumido polo parque móbil do Concello entre xaneiro de 2004 e xaneiro de 2013. Segundo explicou esta líder do PSOE, “o noso Concello veu abonando durante nove anos, o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos, imposto máis coñecido por ‘Céntimo Sanitario’ creado polo Goberno do PP en xaneiro de 2002, pagando un sobrecuste de entre os 2,4 céntimos, por litro de gasolina, e os 1,2 céntimos, por litro de gasóleo”.

Foi a sentenza do Tribunal de Xustiza da UE de finais deste pasado mes de decembro, que declara ilegal este tipo de imposto por contradicir á lexislación comunitaria, a que motiva a este grupo municipal a “reclamar a devolución do indebidamente cobrado”. O PSOE solicita así mesmo asesoramento técnico por parte do Concello para aqueles particulares que queiran recuperar tamén o que abonaron desde 2004 en concepto de céntimo sanitario.

Comentarios