O PSOE DE XINZO CONSIDERA INDIGNATE E NEFASTA A XESTIÓN SANITARIA DE ELOINA NUÑEZ

Elvira Lama 3
O PSOE DE XINZO CONSIDERA INDIGNATE E NEFASTA A XESTIÓN SANITARIA DE ELOINA NUÑEZ

A situación da sanidade na provincia de Ourense é tan caótica que se suspenden intervención programadas, cando o paciente xa esta na mesa do quirófano

A situación da sanidade na provincia de Ourense é tan caótica que se suspenden intervención programadas, cando o paciente xa esta na mesa do quirófano.

Os recortes na plantilla de traballadores, tanto de persoal facultativo como de administración, é tan brutal que se están a provocar situación de pánico nos pacientes.

Elvira Lama 3Elvira Lama Fernández, Deputada provincial e portavoz do PSOE no Concello de Xinzo, quere denunciar publicamente \“o atentado contra a saúde dos pacientes da provincia de Ourense, e da miña comarca en concreto, o producirse feitos tan graves como a suspensión de una intervención programada, logo de una espera de mais de seis meses, cando a paciente xa levaba una hora no quirófano\”.

Esta situación surrealista deuse no Hospital comarcal de Verín o pasado luns, cando una paciente foi informada de que non era posible facer a intervención por falta de ANR (Anestesista) no referido hospital, dándolle a alta hospitalaria e dicindolle que sería chamada telefonicamente para realizar a intervención.

Calquera pode imaxinar a rabia, a impotencia e o desamparo que sufre una persoa que ingresa o domingo para ser operada o luns pola maña, e se atopa con semellante despropósito e ten marchar para sua casa tal como entrou, sen operación e con dor.

\“A conduta da máxima responsable da xestión sanitaria da provincia de Ourense Sr Eloína Núñez é ten vergoñenta, que merece xa una denuncia ante os tribunais, para exisixirlle responsabilidades, xa que as responsabilidades políticas no seu cargo estamos seguros que ninguén lla vai a pedir, por ser parente directa do Sr Presidente da Xunta de Galicia\”, di Lama e comenta que son tantas as queixas que recibe o Defensor do pobo, que mesmo o persoal anima os pacientes a facer reclamacións ante o que consideran unha calidade asistencial nefasta

A portavoz socialista califica de \“caotica a situación da sanidade na provincia durante todo o ano, pero cando chega o verán , en lugar de reforzar os servizos, na provincia onde se incrementa a poboación pola chegada de galegos emigrantes que voltan por vacacións, o que se fai dende a Xerencia Intregrada e non contratar persoal para cubrir as baixas, permisos e vacacións do persoal da sanidade, nin nos Centros de Saúde nin nos Hospitais, ben o contrario se pechan camas co conseguinte colapso nos servizos.

Están a xogar coa saúde e enfermidade dos cidadáns da provincia de Ourense, están a xogar cas vidas e ca dor das persoas e das familias, e isto é algo moito mais grave que os fríos números que se poñen nos estadisticas para maquillar a calidade da Sanidade Pública, algo que non ten que ser rentable, senón pública universal e de calidade, termos nos que non cre nin o Presidente da Xunta nin a su parenta Eloina Núñez.