martes 11/5/21
NOTA DE PRENSA

O PSOE DE XINZO CONSIDERA VERGONZOSAS AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE EN FUNCIÓNS, ANTONIO PEREZ, HACIA A CÁMARA DE MONTALEGRE E O SEU PRESIDENTE

“Agora  resulta que os case 1.000 votos que perdeu il como candidato son culpa do apoio que me deu o compañeiro socialista e Presidente da Cámara de Montalegre”

fotos elvira Lama Orlando alvesNOTA DE PRENSA

A portavoz e concelleira en funcións do Grupo Municipal Socialista, Elvira Lama considera que “son vergonzosas, lamentables e reprobables as declaracións do Alcalde en funcións, Antonio Pérez, hacia a cámara de Montealegre e hacia o seu Presidente, Orlando Alves, logo de que mostrara apoio a  miña candidatura nas pasadas eleccións municipais”.

Neste senso, cualificou de “pouca cintura política e menos ética as palabras de Antonio Pérez, o decretar rotura de relación institucionais coa Cámara de Montalegre. Unhas relación institucionais que ata o día de hoxe non había, polo tanto non se pode rachar algo que non existe”. 

Lama aseverou que “esta é unha de tantas asignaturas pendentes da súa etapa de desgoberno, achegarse os veciños de Montalegre e copiar deles, da súa forma de gobernar, das súas iniciativas e proxectos… non ten mais que mirar a paxina Web da Cámara de Montalegre”.

“Trátase de una pataleta infantil trala perda importante de votos que tivo o PP nos resultados do 24-M e engadiu “haber si agora os case 1.000 votos que perdeu el como candidato son culpa do apoio que me deu o compañeiro socialista e Presidente da Cámara de Montalegre”

Neste senso lembrou que “o apoio de representantes políticos, nacionais ou internacionais do mesmo partido son habituais, sans e con altura de miras, algo que non ten o Alcalde de Xinzo, o discriminar a aqueles representantes que non son da súa color política, xa non ideolóxica, que il non ten”.

Comentarios