Ramón Gómez(Moncho) dimite do órgano colexiado creado fai pouco máis dun mes

WhatsApp Image 2021-03-12 at 10.02.20
Ramón Gómez(Moncho) dimite do órgano colexiado creado fai pouco máis dun mes

Segundo manifestacións ao diario La Región, déixao por falta de tempo.

Na mañá de onte, segundo informacións aparecidas no xornal o edil, membro do grupo de independentes de AXIL renunciou a formar parte do órgano consultivo creado a partir da presentación dos presupostos do 2021.

PRIMER CONTRATEMPO DE ELVIRA LAMA

Despois das explicacións dadas pola alcaldesa para a posta en funcionamento deste órgano consultivo, no que solo formaban parte dous concelleiros máis a propia Elvira Lama, parece ser que este puidera ser o primeiro contratempo “publico” dos membros que conforman o goberno tripartito en Xinzo.

O PP, calificou de “chiringuito” para cobrar 600 €/mes aos membros que o conformaban.