lunes 25.05.2020
Educación

O recén creado Consello Escolar Municipal de Xinzo reunirase este mércores por primeira vez

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal.

Imaxe de arquivo do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.
Imaxe de arquivo do IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia.

Este mércores 29 de novembro, ás 9:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia, celebrarase o primeiro Consello Escolar Municipal de Xinzo de Limia. 

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal.

Foron convidados a formar parte do mesmo o Inspector de Educación; os directores dos CEIPs, IES, Conservatorio de Música e Escola de Gaitas; todas as AMPAS; alumnado dos IES e do Conservatorio de Música; o Xefe da Policía Local así como técnicos municipais de deportes, servizos sociais e xuventude. Por parte do grupo de goberno asistirán o Alcalde,  a concelleira de Servizos Sociais e o concelleiro de Deportes, Educación e Xuventude da capital da Limia.

A idea deste primeiro encontro é aprobar as bases de funcionamento do Consello Escolar Municipal para, dende este mesmo momento, aportar as ideas e as solucións necesarias para mellorar o ámbito educativo do concello de Xinzo de Limia.