martes 11/5/21

Rematou o campamento 2015 coa visita dos máis pequenos o Concello

170 rapaces e rapazas gozaron durante case todo o mes de xullo,  dun montón de actividades e excursións

IMG-20150731-WA0008

170 rapaces e rapazas gozaron durante case todo o mes de xullo,  dun montón de actividades e excursións

Organizado pola concellería de Deportes e Xuventude , coa colaboración dos clubs deportivos ANTELA , LIMIACTIVA , SENDALIMIA e B. XINZO, remataron 15 días cheos de deporte, piscina e excursións.

IMG-20150731-WA000416 técnicos deportivos, adestradores  titulados deportivos  dos clubs e voluntarios do concello foron os encargados de facer que a estancia destes rapaces e rapazas, sexa inesquecible.

Tamén inesquecible, parece polas instantáneas a visita que un grupo dos máis pequenos fixeron as distintas instalación do concello.

A primeira visita foi a recepción por parte do Alcalde e os s concelleiros de Medioambente, Turismo e o de Deportes, no salón de plenos.

Logo foron as visitas a diferentes as diferentes oficinas onde os técnicos lle explicaron o traballo de cada departamento. Tamén o despacho do Tenente alcalde Manuel Casas foi outra das paradas do grupo.

EXCURSIÓNS A DIFERENTES LUGARES.

Cerceda, como todos os anos foi o destino dunha das excursións que os participantes do campamento saborearon ao s 100%.

Tamén as clases de tráfico dirixidas pola DXT de Ourense, así como a visita ao Centro Ecuestre do hipódromo de Antela.IMG-20150731-WA0000

Comentarios