Rexenera Limia é un proxecto que busca reducir a contaminación das augas da zona

rio
Rexenera Limia é un proxecto que busca reducir a contaminación das augas da zona

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil impulsa 26 accións para frear os vertidos

A comarca da Limia ten unha intensa actividade agrícola e gandeira. A zona conta con 14.000 hectáreas de cereal e produce o 90% da produción de pataca. A carga avícola incrementou nun 1000% e de porcino nun 400% que producen ó día 3 millóns de quilos de excrementos que a terra non é capaz de asumir. Por outra banda, o incremento do uso de fertilizantes e abonos nas plantacións dificulta tamén que a terra poida asumir todas esas sustancias. O feito de que a maioría dos terreos son altamente propensos a inundarse cando chove, provoca que todos eses nutrientes contaminantes vaian parar ó río Limia.

Son datos aportados pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que pon en marcha o plan Rexenera Limia que presentaron esta mañá en Xinzo e á que acudiron numerosos agricultores e gandeiros da comarca.rexenera

As principais liñas de actuación son controlar o uso de fertilizantes, aportando ferramentas ós agricultores para saber cando é convinte usalos e que tipo de abono é axetado, que lles permitirá reducir custes. Outra delas será por en marcha un sistema de lagoa artificial para tratar os xurros de porcino e conseguir unha forma natural de depuración de nutrientes nocivos. Isto farase recuperando dúas charcas das areeiraas, en Sandiás. Unha terceira liña de actuación é reducir o uso excesivo do regadío e os vertidos urbanos, pois son outras das causas do mal estado das augas na zona.

O que esperan acadar con estas propostas é reducir o uso de fertilizantes un 30% e que descenda nun 60% a contaminación atmosférica.

O plan conta cun orzamento de máis de 2 millóns de euros dos cales a Unión Europea aporta máis de 800.000 euros. En total son 26 accións que darán comezo o ano que ven.