sábado 31/10/20

A rúa de S. Roque chea de “CATAS”

Técnicos da Xunta fartáronse de levar bolsas con material encontrado para ser revisado

Tocoulle a unha das rúas mais céntricas e do casco antigo a chegada do gas cidade. Pero isto trouxo consigo que antes de poder meter as tubeiras se fagan unas catas do terreo, para ver  si hai restos arqueolóxicos de valor, e así poder tomar as medidas oportunas.

Os veciños esta mañá non daban “conta do recado”, o ver os operarios da Xunta tomando fotos, medidas e restos, e deixando o descuberto  os resultados das “catas”.

Algún  dos veciños, sacáballe importancia o atopado, explicando que iso que topaban eran as pedras que se puñan para poder pasar dun lado a outro das casa, posto que como todos saben no pobo, ata esa rúa chegaban as crecidas do río.

Certo ou non, os técnicos afanábanse a facer o seu traballo, sen dicir nada, e menos como algún comentou, si era para un medio de comunicación.

Comentarios