sábado 31/10/20

O sacerdote limiao Jaime Collazo, bispo auxiliar da Archidiocese de Valencia

28 de decembro de 2013. A Sta. Sede fixo público que o Santo Padre Francisco  nomeou  Bispo Auxiliar da Archidiocese de Valencia ao Crego ourensán D. JAIME COLLAZO BÓVEDA, ata o de agora vicario parroquial en Xinzo de Limia, asignándolle a sede titular de Tabernam.

BIOGRAFÍA:

Nado o 19 de febreiro de 1959 na  Santísima Trinidad de Ourense. Cursou estudios no seminario menor e maior de Ourense, sendo ordenado o 4 de outubro de 1986. Posteriormente, obtivo a licenciatura en estudios eclesiásticos  na Universidade de Santiago de Compostela.  No ano 2000  especializouse en novas tecnoloxías, levándoas á práctica nos actos litúrxicos acompañado sempre pola súa “tablet”,(abandonando o mítico en ancestral misal) sendo así un referente para os clérigos da comarca. A partir do ano 2003, realizou os cursos de doutorado en  “espiritualidade sobre os seminarios conciliares”, na Universidade Gregoriana de Roma guiado polo M.I.SR. D. José Pérez Domínguez.

O seu ministerio sacerdotal desenvolveuno na diocese de Ourense como párroco de Vistahermosa, Calvos de Randín, Bóveda de Limia e padre espiritual no seminario maior de Ourense. Durante a súa traxectoria sacerdotal impartiu numerosos retiros e exercicios espirituais especialmente a “vida monacal”.

 Na actualidade é vicario parroquial e moderador do arciprestazgo de Xinzo; profesor de relixión no IES Lagoa de Antela, colaborador das revistas SEMENTAR, DOVELA e AURIENSIA así como membro da redacción de PASTORALIA.

Este será o segundo  nomeamento episcopal no mesmo ano para a Limia. Dúas glorias do clero ourensán: a do Padre Carballo, natural de Lodoselo e a de D. Jaime que reside na súa casa solariega de Morgade. Dende a visita do franciscano para recibir das mans do Pte. da Xunta o premio “Ourensanía” , os rumores de este nomeamento, eran frecuentes  nos ambientes eclesiásticos da Limia.

O Vicario Xeral da Diocese de Ourense, párroco que foi de S. Pedro de Laroá (Xinzo) entende agora porque nos últimos nomeamentos de  cóengos non figuraba o nome do agora nomeado bispo.

Comentarios