viernes 5/3/21

Sancións de ata 600.000 €

Por organizar festas ilegais e alugar locais para a súa celebración

Policía Local, Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Nacional reforzarán coa súa presencia a partir de mañá, tanto o casco urbano de Xinzo como dos pobos.

Os membros da seguridade do Estado están ao tanto das redes nas que aparecen convocatorias de festas, neste caso ilehais, para a celebración deo Entroido.

Avisa, despois da reunión desta mañá que as sancións tanto para os organizadores, como os que aluguen locias, que poden chegar ata os 600.000 €.

Nestas labores de vixiancia que se levarán a cabo nestes catro días colaborará a agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo.

Todas estas medidas, tanto as de concienciación a través das mensaxes lanzadas á poboación en formato vídeo e polas redes sociais, como as de vixilancia e as policiais, súmanse as adoptadas polo goberno local e comunicadas polos diferentes Bandos da Alcaldía publicados ata o de agora. Nos mesmos, advírtese da ilegalidade e as consecuencias que terá organizar festas ilegais, así como alugar locais para a súa celebración, con sancións que poden ir ata os 600.000 euros no caso de infraccións moi graves.