miércoles 30/9/20

Sarreaus e Rairiz de Veiga son os concellos da Limia que máis gastaron en persoal no 2015

Porqueira e Baltar son os que menos cartos destinan ó pago de nóminas 

soldo

    O Ministerio de Economía e Facenda ven de publicar o informe que recolle os gastos e ingresos dos concellos da Limia en 2015. De dito documento sobresae o dato de Sarreaus que é o concello que máis destina a gastos de persoal, en concreto un 55,3% dos ingresos totais van para esa partida. En cifras serían 666.082,43 euros dun total de 1.192.734,31. 

Rairiz de Veiga tamén invirte unha cantidade importante en pagar ós seus traballadores, 618.734,59 de 1.143.255,76, o que sería un 54,1%. Seguiríalle o concello de Os Blancos cun gasto de 348.514,20 dun total de 652.620,45, en porcentaxe equivale a un 53,4%.  Xinzo de Limia gastou, en 2015, 4.087.905,14 euros en pagaos ó persoal dos 7.977.754,76 euros que ingresaron, un 51,2%. 

Estes catro concellos gastan máis da metade dos cartos que percibiron en pagar nóminas ós seus empregados e empregadas. 

Pola contra os concellos da Limia que menos invirten en pagos de persoal son Porqueira, con 331.532,06 euros dun total de 1.179.295,94 euros de ingresos totais.

Outro deles é Baltar que destinou 261.400,61 de 784.573,53 euros ingresados e Trasmiras cun gasto en persoal de 372.076,85 euros extraídos de 1.106.110,61 de ingresos. 

O resto de concellos que completan a comarca teñen unha media dun 40% de gasto en persoal. Todos estes datos correspóndense co ano 2015.

Comentarios