martes 21/9/21
Carlos Casares

O secretario xeral de Cultura da Xunta visita mañá Xinzo

Comezaranse a programar os diversos eventos e actos para o 17 de maio, Día das Letras Galegas 2017.

foto_anxolorenzo
Anxo Manuel Lorenza, secretario xeral de Cultura da Xunta.

Mañá martes, ás 12:00 horas matinais, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Manuel Lorenza Suárez, visitará o Concello de Xinzo de Limia para se reunir co alcalde e cos concelleiros e comezar a programar os diversos eventos e actos para o 17 de maio, Día das Letras Galegas 2017.

A visita débese a que Xinzo de Limia será un dos puntos neurálxico dos actos centrais da Xunta para ese día, debido que Carlos Casare –o autor homenaxeado– viviu na nosa vila moitos anos. Os actos dos que se falará serán aqueles que competen á Consellería de Cultura e Educación, da que Lorenzo forma parte. Serán compatibles cos actos organizados por outras institucións.

Comentarios