domingo 05.07.2020

E esta semana, que fago?

Dende A Limia tráevos unhas cantas ideas fantásticas para o tempo de ocio MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO Volveu setembro, a volta a casa...
Exposición O Bosque Máxico
Exposición O Bosque Máxico

Dende A Limia tráevos unhas cantas ideas fantásticas para o tempo de ocio

MARÍA FERNÁNDEZ ROMERO

Volveu setembro, a volta a casa e a rutina. Pero tranquilos. Para aqueles que sufrides do famoso síndrome post-vacacional, e para os que non tamén, Dende A Limia quere recomendarvos algunhas actividades culturais moi pretiño da casa, que animarán ata ao máis abatido.

Exposición fotográfica no Concello de Entrimo

As 23 mellores fotos que se presentaron ao Primeiro Concurso de Fotografía O Bosque Máxico, estarán expostas no Concello de Entrimo ata o próximo domingo. Todas as instantáneas de esta iniciativa impulsada pola Asociación GDR 16 O Vieiro Leboreiro, teñen en común, ter sido tomadas nalgún punto de Celanova ou de calquera concello da Baixa Limia.

Se cadra, ao ver á exposición, a alguén lle pica o bichiño da creatividade, polo que está ben que saibades que a segunda edición do concurso de fotografía dixital e debuxo de O Bosque Máxico está xa recollendo novos traballos, e farao ata o 31 de decembro. Para consultar as bases preme aquí.

E sen saír de Entrimo, e se vos apetece madrugar en sábado, tamén podedes participar na XI Camiñada de Terrachán a Peneda, que terá lugar o próximo sábado día 14. Unha ruta de 21 quilómetros, que ten como punto de partida a praza do Concello, e que resultará sen dúbida moi atraínte para os amantes da natureza e da bicicleta de montaña. Para máis información preme aquí.

Outra idea interesante para os máis deportistas, é a proba de orientación nocturna Areeiras de Limia, organizada por Limiactiva. Este reto terá o lugar o venres día 13 de setembro, e todos aqueles que queiran asistir deberán inscribirse na web da asociación www.limiactiva.com, antes do xoves ás 12.00 horas.

Concerto na Corte dos Bois de GRAMPODER

E para o sábado á noite, un paseíño ata Santa Ana en Sandiás, para ir de concerto ata a Corte dos Bois. Unha tenda-taberna chea de encanto e espazo, para todo tipo de actividades culturais. Desta volta tócalle ao grupo Grampoder, que compartirá a súa música o vindeiro día 14 a iso das 22.30 horas. Este conxunto composto por Le Roi e Martin Wu, define os estilos de música que fan como rock portátil, pop campestre, folk psicodélico ou hardcore come flores. Se queredes saber como soan antes de pasarvos pola Corte dos Bois, preme aquí.

E de paso que vos achegades a Santa Ana, na mesma Corte dos Bois poderedes deleitarvos tamén, ata a fin do mes, coa exposición das obras de Manuel Nóvoa.

Comentarios