Así se manifestaba esta mañá Adriana Jimenez, nunha ampla entrevista dentro do noso apartado Café con.. no que xa nos foi anunciando algo sobre o programa das festas de Sta. Mariña 2022

UNHAS FESTAS PARA TODOS
Cine, Rock, Baile, Rap, Pop, Música tradicional, Música electrónica e urbana e por suposto orquestras..
Dentro do primeiro apartado presentarase en Xinzo na praza Maior a película da limiá Alba Prol e Raúl, “O gran camiño” que non para de recibir premios en festivais internacionais, e que aínda non se proxectou en Xinzo.
As diferentes actuacións que vai haber durante os catro días que durarán as festas 15,16, 17 e 18 de xullo, espallaranse polas diferentes zonas do pobo, dende a praza Carlos Casares, a praza maior con sesións vermús pasando pola semi-rotonda do parque onde actuarán as orquestras e as prazas pequenas da vila do casco vello onde haberá actuacións e xogos para os máis cativos.
DJs "Lethx sound" de Xinzo e orquestras ASSIA e NEW YORK

Unha das novidades para este ano é o sábado a actuación dun grupo de DJ de Xinzo que actuarán na praza Carlos Casares, que tamén contará cunha novidade importante e por primeira vez, nas festas patronais.
Sairá a puxa a instalación dun bar ambulante para todos os días da festa, co cal se espera que a afluencia de público sexa maior. O bar, non será da comisión, se non que será adxudicado polo concello, tendo que cumprir loxicamente coas licenzas administrativas de venta ambulante.
En canto ás orquestras, amenizarán as festas a NEW YORK e o grupo ASSIA.
O programa completo presentarase nos vindeiros dias.