domingo 20/6/21

O Sergas terá que pagar 105.000 euros á familia dunha limiá que faleceu por un erro de diagnóstico

A muller perdía a vida hai dez anos por unha disección aórtica que non foi detectada a tempo REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Unha paciente...
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). | FOTO: Arquivo.
OURENSE. 18.10.2013. CHUO, URGENCIAS. FOTO: MIGUEL ANGEL

A muller perdía a vida hai dez anos por unha disección aórtica que non foi detectada a tempo

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Unha paciente limiá de 57 anos acudía hai unha década ao PAC de Xinzo de Limia con náuseas, suores e unha forte no abdome. O médico que a atendeu decidiu subministrarlle Lorazepam pero ao non responder ao tratamento, desviouna directamente ao Complexo Hospitalario de Ourense. Unha vez alí, foi o persoal de urxencias, en concreto unha residente (doutora en prácticas) quen a atendeu. Practicáronselle varias probas, entre elas raios X e análises, e finalmente a paciente recibiu a alta, unha prescrición dun protector de estómago e un volante preferente para cardioloxía. A pesar de que o persoal sanitario que atendeu sabía dos antecedentes familiares da paciente, a súa nai falecera a causa dunha patoloxía cardíaca e un irmán aos 43 anos por disección aórtica.

Porén, tras apenas unhas horas na casa , a iso das 6.37 da madrugada a paciente volvía ingresar con dores, vómitos e cefaleas. Agora si, foi sometida a un electrocardiograma, que indicou que sufría unha parada respiratoria. Ao ECG sucedéronlle manobras de reanimación e un TAC que desvelou unha disección de aorta que foi o que lle custou a vida.

Este relato é o que recolle a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo de Santiago de Compostela que condena ao Servizo Galego de Saúde a pagarlle á familia da falecida 105.000 euros. A responsabilidade patrimonial recae no SERGAS por ser a facultativa que atendeu á limiá, unha doutora en prácticas que fora asignada a urxencias de forma rotatoria. Cipriano Castreje avogado do Defensor do Paciente en Galicia define o caso como de “diagnóstico erróneo”, unha circunstancia que trouxo consigo “unha perda de oportunidade xa que a paciente non tivo a posibilidade de someterse a unha operación urxente que non sabemos se lle podería ter dado a posibilidade de vivir”.

 “Gustaríame ver a cara da doutora cando viu a sentenza”  Proximamente Dende A Limia terá a oportunidade de entrevistar á filla da paciente falecida hai dez anos que polo momento asegurounos que lle tería encantado ver a cara da doutora que atendeu a súa nai cando viu a sentenza.

 

Comentarios