O sindicato da Policía Local de Xinzo levará ao xulgado ao Concello

1
O sindicato da Policía Local de Xinzo levará ao xulgado ao Concello

Por obrigar aos seus policías a realizar traballos que non son da súa competencia

Segundo nos indica o portavoz da Policía Local de Xinzo, a situación xa é irreversible.

Fai dous meses que presentaron un escrito na alcaldía indicando que a partir do primeiro de maio deixarían de realizar funciónS, que eles entendían que non son da súa competencia. Eses dous meses eran, sigue dicindo o portavoz que eran para que fosen repartindo esas funcións entre as diferentes concellerías, pois teñen suficiente persoal para levalas a cabo.

INFORME CONTRARIO POR PARTE DA SECRETARÍA DO CONCELLO

A Secretaría do Concello, informou negativamente as súas pretensións, sendo apoiada esta postura pola Xunta de Goberno. Seguindo as directrices do informe tomouse a decisión, comunicada a Policía de que tiñan que seguir a realizar esas labores que viñan facendo dende fai moitos anos.

Despois desa resposta o sindicato CSIF, maioritario nos membros da Policía Local, está a estudar sentenzas que atinxen a outros concellos onde se lles deu a razón a Policía nas súas reivindicacións, polo que tomaron a decisión de emprender de forma inminente acción xudiciais contra o Concello de Xinzo.

TRABALLOS QUE NON QUEREN SEGUIR REALIZANDO

Instrución de expedientes sancionadores

Realizar informes técnicos sobre estado de inmobles. Con dous arquitectos, dous aparelladores e un técnico en licencias urbanísticas, ten que ir un policía local facer o informe.

Apertura e peche de edificios municipais, Concello, Casa de Cultura, o salón de plenos os fins de semana, o conservatorio e o Cemiterio os 365 días ao ano.

Movemento de vallas, por exemplo no Entroido deixan as vallas apiladas e nos temos que movelas 100 metros a man.

Danse paradoxas como que a apertura e peche do cemiterio tiña que facelo un traballador laboral e o cabo da semana negouse e tivemos que nos volver a facelo. Tamén sabemos que outros traballadores, por exemplo cobran 215 € máis ao mes do seu soldo por abrir e pechar o pavillón de deportes.