viernes 14/5/21

O temporal resucita a lagoa de Antela e provoca a caída dun muro no antigo pavillón de Lobios

Neste concello da Baixa Limia a chuvia e a neve derretida procedente da montaña provocaron o desbordamento do río Caldo

REDACCIÓN [email protected]

O temporal “Qumaira” volveu asolagar as terras da lagoa de Antela. A chuvia constante destes días castiga aos agricultores da comarca da Limia, sen deixalos entrar nas súas parcelas dificultando así mesmo o  seu traballo nas explotacións agropecuarias. Na veciña Baixa Limia, no termo municipal de Lobios, a furia do vento tiraba cun dos muros do antigo pavillón, hoxe garaxe. En previsión da chegada de “Ruth” o GES do Concello afanouse en mellorar a seguridade do lugar, acordoándoo e  baleirando a nave.

E tamén en Lobios, as abundantes precipitacións desta semana, unidas á neve derretida provinte das montañas fixeron que o río Caldo se saíse da súa canle, cubrindo de auga a zona do paseo e a área termal.

Institutos anegados

Onte a auga chegaba ata os nocellos nos dous institutos de Xinzo. O forte azoute de “Qumaira” asolagaba a entrada e o salón de actos do IES Lagoa de Antela, e o patio do Cidade de Antioquía.

Comentarios