miércoles 30/9/20
Varios focos activos están a complicar seriamente a xornada na comarca de A Limia e alrededores

Terror incendiario na Comarca de A Limia

EN DIRECTO: Dende a Limia mostra as consecuencias do lume en Guillamil 

A xornada do domingo 13 de setembro está a ser negra. Varios focos de lume ACTIVOS están a queimar centos de hectáreas en diferentes puntos xeográficos. 

O lume declarado en San Martiño (Cualedro) está a avanzar de xeito moi perigoso nas últimas horas. Este é un dos que máis preocupa agora mesmo pola súa velocidade e a intensidade das lapas. Foron queimadas xa máis de 150 hectáreas

Ao igual que en Guillamil (Concello de Rairiz de Veiga), o cal se sitúa perigosamente preto das vivendas da aldea. Cuantifícanse, de xeito provisional, en máis de 20 hectáreas afectadas. 

Outro punto xeográfico afectado é Vilariño de Conso que continua activo e que, segundo estimacións, xa leva consigo máis de 500 hectáreas queimadas. 

En RebordechauVilar de Barrio estímanse 450 hectáreas afectadas polas lapas de mentres que en Laza - Camba estamos a falar de case 50. 

Contamos con un total de NOVE LUMES ACTIVOS en diferentes concellos da provincia de Ourense. 

Activouse xa a consideración de SITUACIÓN 2 con carácter preventivo para Carzoá e Guillamil, pedindo a intervención da UME a cal tamén participa na extinción do lume que afecta ao Parque Natural dá Baixa Limia-Serra do Xurés (Lobios). 

O Concello de Xinzo de Limia confirmou que acollerá a 150 efectivos da UME que traballan nas labores de extinción de todos estes lumes.