E ti, deixaraste seducir polo encanto da Limia?

II Ruta Franciscana
E ti, deixaraste seducir polo encanto da Limia?
A asociación de Sendalimia organiza a II Ruta Franciscana REDACCIÓN A II Ruta Franciscana, organizada pola asociación Sendalimia, terá lugar o próximo...

A asociación de Sendalimia organiza a II Ruta Franciscana

REDACCIÓN

A II Ruta Franciscana, organizada pola asociación Sendalimia, terá lugar o próximo 29 de setembro. Vinte e dous quilómetros de aventura a través da historia e natureza da Alta Limia, con parada na torre medieval da Pena e no mosteiro franciscano de Bon Xesús. Un ruta de dificultade media, que contará con tres avituallamentos e unha comida con sorteo de agasallos ao remate. O punto de partida será o Campo do Toural, do que partirá a expedición a iso das 9 da mañá, unha vez entregados os dorsais.

Inscrición e información

Se queres desfrutar dos encantos das terras limiás en pleno contacto coa natureza, debes inscribirte antes do 24 de setembro, por unha cota de 5 euros.

Máis información no Pavillón de Deportes de Xinzo ou nos teléfonos 988.46.10.20 e 698.18.67.47.