sábado 23/1/21

“TOC TOC” peta na porta dos limiaos máis novos este xoves

Este espectáculo musical inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes promovido pola Xunta REDACCIÓN [email protected] Twitter: @Dendealimia Os peques de Xinzo teñen unha cita...
cartel toc toc falaredes imprenta
cartel toc toc falaredes imprenta

Este espectáculo musical inclúese no programa de dinamización lingüística FalaRedes promovido pola Xunta

REDACCIÓN

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

Os peques de Xinzo teñen unha cita o vindeiro xoves, 17 de abril coa música do espectáculo TOC TOC de Pablo Díaz, que actuará na Casa da Cultura a partir das 12.30 horas da mañá. Unha iniciativa que se inclúe no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración cos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Este programa de fomento do galego inclúe propostas lúdicas que buscan promover o uso e valoración positiva da lingua de Galicia, especialmente entre a infancia e a mocidade, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma. Desta volta tócalle a TOC TOC, un musical para nenos de entre 3 e 10 anos que invita a cantarlle á alegría e á amizade, á vez que inculca nos cativos valores como o ecoloxismo ou a paz, dun xeito lúdico e co galego como lingua.

TOC TOC rima con rock, pop, folk e tamén co soul, que aquí se mesturan coa tradición galega ao cobrar protagonismo sobre o escenario os romances infantís O piollo e a pulga e Mazarico, que converten o concerto nunha festa na que os nenos e nenas bailan e cantan na nosa lingua. A música actúa así como fonte de transmisión do galego ao promover que a xente miúda siga cantando as cancións tras finalizar a actividade.

Comentarios