domingo 29.03.2020

Toda a Limia estará mañá en alerta amarela

A comisión escolar de alertas suspende mañá mércores (18.12.19) as actividades no exterior nos centros educativos nas zonas decretadas con alerta laranxa

Mapa da limia
Mapa da limia

A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá mércores as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con Alerta Laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9,00 horas ata as 21.00 horas.

Mapa da limiaSegundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña luguesa e montaña da provincia de Ourense.
En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.
A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia (http://www.meteogalicia.gal/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf).