Todo vai a estar preparado para a procesión do Corpus

IMG_20190622_204251
Todo vai a estar preparado para a procesión do Corpus

O grupo de veciños e veciñas que todos os anos fan as alfombras traballan ata rematar ben entrada a noite

Dende primeiras horas de esta tarde os veciños e veciñas que ano tras ano dedican o seu tempo e esforzo a confección das alfombras para a procesión de mañá, día de celebración do Corpus, afanábanse esta tarde para rematar antes da chegada da noite as que mañá servirán para que despois de ser visitadas polos veciños, sirvan de alfombra floral para o paso da procesión.

IMG_20190622_204129PROCESIÓN DESPOIS DA MISA SOLEMNE
Ás doce será a misa e unha vez rematada, sairá a procesión, que dende a igrexa Nova se dirixirá ata Praza de Oriente onde se atopa o primeiro altar, que os veciños e veciñas da praza colocan a partir das 6 da mañá e despois continuará ata a rotonda do Toural, pola rúa Carlos Romero Nieto, para voltar de novo ata a Igrexa.
Elvira Lama asistirá a procesión, segundo nos confirman na parroquia por primeira vez, como primeira autoridade local, acompañada como é costume polos representantes das forzas de seguridade, Policía Local e G. Civil.
Os son durante a procesión poranos a Banda Municipal de Gaitas e a Agrupación Musical da Limia.

IMG_20190622_204029